Imagen de fondo
 
Monte
 
Mar
 
Río
Casa Rural da Costa da Morte

Características das nosas instalacións

  • Varias terrazas orientadas ao mar, ao río e ao monte.
  • Mobles de exterior
  • Grella.
  • Sala de estar con xogos de mesa, TV e cheminea de leña.
  • Cociña totalmente equipada e coa antiga lareira.
  • Comedor.
  • Complementos de aseo.
  • Berce dispoñible.
  • Documentación sobre a zona.
  • Sérvense almorzos.

 

O soportal da entrada, situado na fachada principal da casa, mira ao mar desde unha ampla terraza que ten como fondo a praia do Pindo e, máis alá, o faro de Fisterra.

 

No seu interior o comedor comparte espazo coa cociña, na que se conservou a típica lareira galega, centro neurálxico da casa onde antano se reunían os seus moradores á calor do lume. Na sala de estar, os mobles e os materiais déixannos adiviñar o pasado, nunha viaxe cara atrás no tempo. As habitacións teñen sabor vivido e invitan a permanecer nelas polo cálidas que resultan. Chamámolas Monte, Mar e Río, pois desde as súas fiestras asomámonos a estas paisaxes.

 

No exterior posúe varias terrazas que van descendendo pola ladeira do monte, ás que se accede por un lateral da casa que bordea o arroio. A mais elevada permítenos gozar dunha espléndida vista e contemplar desde alí a caída do sol na fin do mundo.

 

PRECIOS POR HABITACIÓNS

Habitacións
Temporada Alta
(1-xullo ó 15-setembro, pontes e s. santa
Temporada Baixa
(o resto do ano)
Habitación Mar
70 €
60 €
Habitación Monte
70 €
60 €
Habitación Río
80 €
70 €

* IVA incluido. Almorzo non incluido.

CASA RURAL COMPLETA

Tempo
Temporada Alta
(1-xullo ó 15-setembro, pontes e s.santa.)
Temporada Baixa
(o resto do ano)
Día
200 €
180 €
Fin de semana
400 €
360 €
Semana
1400 €
1260 €
Quincena
2800 €
2520 €
Mes
5600 €
5040 €

Teléfonos : (34) 617 889 641 - (34) 666 393 628

E-mail : info@pensionrusticaalaxe.com

Casa Rural da Costa da Morte
Casa Rural da Costa da Morte

Desenvolvido por Korku Soft. Internet e Informática © 2009