Q Calidad Turística

Actividades cerca da casa rural

Nas proximidades da casa, hai centros de turismo activo nos que poidan realizar, entre outros deportes, piragüismo, tiro con arco, escalada, prácticas de voo (ultralixeiros, paracaidismo...), paseos a cabalo, paintball, submarinismo, rutas en bicicleta, descenso de barrancos, rutas en quad, puenting, etc.

 

Así mesmo, existen escolas de vela nas que se imparten cursos de vela lixeira, windsurfing, etc.


Ligazóns de interese sobre a Costa da Morte

A Moa http://alaxe.blogspot.com
Actividades de turismo activo http://www.naturmaz.com
Carnota http://www.concellodecarnota.com
Casa de Carmen en Corcubión http://www.casadecarmen.es
Cascada del Río Xallas (Ézaro, a 3 km de la casa http://www.panoramio.com
Corcubión http://www.corcubion.info
Corcubión http://www.corcubion.com
Costa da Morte http://www.costadelamuerte.com
Dumbría http://www.dumbria.com
espacio rural http://www.espaciorural.com
Fisterra http://www.concellofisterra.com
Paseo en barco por la Ría de Corcubión http://www.crucerosfisterra.com
Rutas pola Costa da Morte http://noyaymuros.com
Subida al Monte Pindo http://www.tusrutasysenderos.com
Subida al Monte Pindo http://blogs.diariovasco.com
Turismo activo: Vela http://www.cataventos.net

Ézaro

A 2 km da casa está a fervenza do río Xallas, de 40 metros de altura. O Xallas, único río europeo que desemboca en caída ao mar, foi canalizado por medio dunha presa, pero os domingos do verán, ao mediodía, ábrense as comportas.

 

Tamén podemos subir ao miradoiro para ver a desembocadura do Xallas e contemplar en toda a súa magnitude o impresionante Monte Pindo.

O Monte Pindo

Unha ruta de sendeirismo de ascensión á Moa, cunha subida de nivel medio de aproximadamente dúas horas e media de duración, ten o seu punto de partida a 50 metros da casa.

 

O Pindo é o máis mítico dos montes galegos, coas súas lendas, sacrificios, excomuñóns, petroglifos, ritos de fecundidade, fortalezas, etc.

 

Contemplaremos ademais as estrañas formas das súas rochas, nas que adiviñaremos monstros, animais...

Corcubión

Vila histórica, conxunto histórico-artístico e municipio de interese turístico. O casco histórico e o trazado da vila é o mellor conservado de toda a "Costa da Morte". Na segunda quincena de xullo celébrase un dos mercados medievales máis importantes da provincia de A Coruña.

Faro Fisterra

A fin do mundo. Está todo dito. Divisámolo desde as terrazas e fiestras da casa. Veremos a caída do sol.

Praia de Carnota

A 10 km da casa está a praia de Carnota, a máis longa de Galicia e entre as mellores do mundo.

 

Se non nos queremos desprazar, temos a praia de San Pedro, de fina e branca area, no mesmo lugar do Pindo, a menos de 50 metros da casa.

Teléfonos : (34) 617 889 641 - (34) 666 393 628

E-mail : info@pensionrusticaalaxe.com

Ir a Facebook

 
Casa Rural da Costa da Morte
Casa Rural da Costa da Morte

Desenvolvido por Korku Soft. Internet e Informática © 2009